Poucas veces sentín maior alivio por ter culminado un proxecto de edición cando esta mañán chegaron da imprenta os exemplares de control de calidade do segundo volume d’ O segundo sexo. Tras unha década de traballo da
tradutora, a teimosa e rigorosísima Marga Rodríguez Marcuño, por fin poden lerse na lingua de noso as máis de 1.200 páxinas da obra principal de
Simone de Beauvoir. Para o primeiro volume contamos coa grande axuda proporcionaba por África López Souto e por Carme Adán, daquela
Secretaria Xeral de Igualdade, que impulsou a edición. Para este segundo volume, tras os cambios da Xunta, cremos que contaremos só con algunha axuda á tradución das que solicitamos este ano.
Xunto ao volume de Beauvoir, chegaron tamén os exemplares do primeiro libro de Steiner en galego, George Steiner en The New Yorker, o que constitúe
un xesto que como editores facemos para contribuír ao proceso de coñecemento da nosa cultura no mundo. Coa publicación destas dúas importantes obras, continuamos o noso proxecto de traducir
para o galego algúns dos ensaios do canon cultural do noso tempo.
Latest comments